Noticias






É tempo de clasificatorios

Os días 17 e 18 de abril celebrarase en Xixón o Campionato de España de Dúatlon, pero para estar alí hai que clasificarse nunha das seis probas clasificatorias que se celebran por todo o estado. Despois do bo sabor de boca que nos deixou a proba de Aguilas na que varios dos nosos deportistas conseguiron o billete para o citado campionato, o domingo 28 de febreiro celebrouse en Rivas (Madrid) a segunda proba na que Agness Eppers subiu ao podium ao alcanzar a terceira posición na categoría Elite feminina. Tamén conseguiron praza na categoría masculina José Yañez e Antonio Seijas cada un no seu grupo de idade.

Para rematar, o sábado 6 de marzo disputouse en Castellote (Teruel) o terceiro dos clasificatorios e destacou sobre todos os competidores na proba Elite masculina Jesús Gomar cun triunfo incontestable.

Quedan polo tanto tres clasificatorios: Soria, Córdoba (21 de marzo) e Xixón (2 de abril).

Patrocinadores


© 2007-2010 Cidade de Lugo - Fluvial
Nazario Abel 83, 1 Dcha. (LUGO)