Fin de semana con desprazamentos aos dous extremos da península saldados con bos resultados en xeral.
Por unha banda continúa disputándose o circuíto galego de Dúatlon cros, que chegaba á súa segunda cita na localidade pontevedresa de Samieira (Poio), e do mesmo xeito que na primeira Matías Pereyra conseguía alzarse coa vitoria, o cal dálle moitas posibilidades de alzarse co campionato galego da especialidade esta tempada. Acompañaron nesta ocasión ao arxentino os deportistas Manuel González Ojea, posto 16; Juan Casanova, posto 17; José Manuel Curieses, posto 21; Francisco Javier Carballido, posto 40 e Carlos López que non puido terminar a carreira por culpa dunha avaría na súa bicicleta. Os tempos dos tres primeiros deron ao club unha nova vitoria na clasificación por equipos. Na categoría feminina tamén subiu ao podium Belén Lemat que acabou segunda.
A segunda cita do domingo era o Clasificatorio para o campionato de España de Dúatlon celebrado en Águilas (Murcia). En categoría Elite masculina destaca o segundo posto obtido por Jesús Gomar que unido ao sétimo de David Castro e ao vixésimo oitavo de Manuel Piñeiro (o único non clasificado polo momento afectado duns inoportunos problemas de saúde) supuxo a obtención da segunda praza no podium masculino por equipos. Non quedaron atrás as mozas que conseguiron alzarse co triunfo absoluto por equipos grazas ás actuacciones de Ricarda Lisk 2ª, Marta Jiménez 8ª e Noelia Mora 10ª. Tamén obtiveron a clasificación na proba Elite Clara Fernández 14ª e Alba Cuba 18ª. Omar González e Adrián Vázquez tamén se clasificaron para o campionato de España a celebrar o prósimo mes de abril en Xixón sendo novenos cada un no seu grupo de idade.
Asi pois, bo comezo de tempada cos obxectivos cumpridos case ao cento por cento.