Comezou a tempada 2010 coa celebración do Duatlon Cros Concello de Beariz e o club consegue dous importantes triunfos absolutos no mesmo.
Vitoria para Matías Pereyra na categoría masculina, unha vitoria fraguada no excelente parcial de bicicleta nun duro e esixente circuíto. A súa vitoria e o terceiro posto do seu compañeiro Manuel Piñeiro, que consegue o primeiro podium nunha tempada na que ten a oportunidade de demostrar do que é capaz na especialidade de Duatlon, sumados ao posto 16 alcanzado por Juan Casanova (terceiro posto no podium en categoría veteranos), deron o triunfo por equipos ao club na categoría masculina. Tamén finalizou a proba nunha meritoria 46 posición o debutante Francisco Javier Carballido.
En categoría feminina primeira vitoria en categoría veteranas para a incombustible Belen Lemat, quinta clasificada absoluta.
O circuíto de Duatlon Cros continúa o vindeiro domingo coa disputa do Duatlon de Poio onde o club tamén estará representado.
* Foto da páxina web do Clube Triatlon Beariz