Noticias






Estefanía Domínguez e Jesús Gomar vencen no III Dúatlon Concello de Guitiriz

Disputouse, o sábado 7 de marzo en Guitiriz, a primeira proba do circuíto galego de duatlon de estrada. Desprazáronse á mesma 29 atletas do club, conseguindo a vitoria absoluta na proba "Elite" Fany Domínguez en categoría feminina e Jesús Gomar en categoría masculina.

No resto de categorías hai que destacar os podiums conseguidos por Rocío Gandoy e Carolina Basanta, 2ª e 3ª en cadete feminina; Nerea Castro, 2ª en junior feminina; Belen Lemat campioa en Veterana fememima; Paco González e Brais Gómez, 1º e 2º en junior masculino. Destacar tamén a terceira posición de Carlos García Expósito na proba de categorías. Para rematar, en clubs obtívose a primeira posición na categoría feminina e a segunda na categoría masculina.

Patrocinadores


© 2007-2010 Cidade de Lugo - Fluvial
Nazario Abel 83, 1 Dcha. (LUGO)