Noticias






Gran fin de tempada

Unha vez pechada esta tempada 2016 de triatlón, imos repasar todos os logros conseguidos ao longo deste gran ano.

As nosas mozas empezaron ben a Liga de triatlón, logrando quedar campioas por equipos tanto en triatlón Sprint como en Acuatlón en Águilas, e unha semana despois, en Pontevedra, lograban colgarse a prata na Copa do Rei. A final de verán, no campionato de España de triatlón en distancia Olímpica, quedaban subcampeonas tanto élite como sub23, e no campionato de España por clubs subíanse ao terceiro caixón do podium. Finalmente, na gran Final celebrada en Pulpí quedaron subcampeonas asinando así a vitoria da Liga Nacional de Clubs feminina 2016!

Doutra banda, os nosos mozos empezaron a tempada igual que as mozas con dous primeiros posto tanto no campionato de España de triatlón Sprint como no de Acuatlón, así como cun segundo posto na Copa do Rei. Nas competicións de final de verán non tiveron rival, gañando tanto a clasificación élite como a sub23 do campionato de España de triatlón en distancia olímpica, como o campionato de España de triatlón por clubs así como a Gran final, sendo claros ganadores da Liga Nacional de Clubs masculina 2016!

Patrocinadores


© 2007-2017 Cidade de Lugo - Fluvial
Nazario Abel 83, 1 Dcha. (LUGO)